7H Cooperativa Cultural

Comunicamos cultura, educamos creatividad

​Convencidas d​a capacidad​e​ d​a arte para ​xerar vínculos ​e espazos de diálogo emancipadores, en 7H Cooperativa Cultural deseñamos e desenvolvemos​ proxectos ​de educación artística, creación contemporánea e xestión cultural orientados a impulsar transformaci​óns ​estructu​rais na manera de atender ​e entender ​a​participación ​e a vida en comunidad​e. Fronte á competitividade, escollemos a cooperación e, fronte ás producións individualistas, cremos nos procesos colectivos e horizontais baixo a defensa activa da igualdade, a diversidade, a inclusión e o diálogo co territorio.

Estes principios, transversais a todas as propostas que deseñamos e executamos, definen o enfoque, fins e dinámicas dunha das apostas nas que investimos máis esforzo e ilusión: o Festival Feminista de Arte Urbana e Contextual Delas Fest, o primeiro con perspectiva de xénero de Europa e que neste 2020 celebramos por segunda ocasión. Cun cartel composto totalmente por nomes femininos e un programa de actividades integrado por intervencións artísticas; obradoiros de creación; sesións de análise e debate; xornadas de convivencia entre colectivos e artistas; e unha jam de improvisación creativa, o festival​ procura construír espazos de deliberación e experimentación crítica que combatan as desigualdades ​materiais e simbólicas ​que sofren as mulleres no eido da arte urbana e favorezan a democratización da expresión na rúa.

Si elijes la opción de donar comprando, tu dinero se distribuye a partes iguales entre todos los proyectos para igualar oportunidades. Pero consigues una tarjeta regalo que puedes cambiar en este proyecto o en el que tú prefieras. Cuando la obtengas ponte en contacto con ellos directamente.

Proyectos creativos y gesstión cultural

7hcoop@7hcoop.gal

Galiza

Financiado por:
Italiano IT Català CA Galego GL Euskara EU Español ES
Cart
Your cart is currently empty.